Monday 29 de April de 2024

O concello inicia procedemento de selección dun técnico informático


O prazo para inscribirse no procedemento é de dez días hábiles.

O Concello iniciou o procedemento de contratación dun técnico informático que incorporará como funcionario interino para reforzar a administración electrónica e a ciberseguridade. As bases da convocatoria publicáronse hoxe o Boletín Oficial da Provincial (BOP) e tamén están dispoñibles para a súa consulta na web municipal www.alaracha.gal.

O novo posto, xa contemplado no cadro de persoal e nos orzamentos municipais para este ano 2024, será de técnico en administración especial subescala técnica e do grupo B. A titulación esixida é Técnico Superior en administracións de sistemas informáticos en rede, desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, web ou título equivalente que o habilite para o exercicio desta profesión regulada segundo establece as directivas comunitarias. Tamén se require o nivel de Celga IV.

Contratarase por un período de tres anos a xornada completa e requiríndose flexibilidade para asistir a eventos fóra do horario habitual de traballo. O salario mensual será de 2.403,95 euros en catorce pagas anuais.

As persoas interesadas en participar neste procedemento deberán presentar a correspondente solicitude nun prazo de dez día hábiles. O sistema selectivo será mediante o concurso oposición. A fase de concurso terá unha puntuación máxima de 20 puntos, valorándose a experiencia profesional e a formación de cada candidato. A fase de oposición, cunha puntuación máxima de 60 puntos, constará de dous exercicios eliminatorios tipo test.